Dos que
facemos a
festa na
cociña
Nós
Temos algo importante que dicirche: gústanos máis comer que cociñar. Algo fundamental para ter decidido montar un restaurante. Poderiamos dominar todas as técnicas culinarias, puntos de cocción, ingredientes… e de pouco nos serviría se non entendésemos o que buscan os nosos clientes cando veñen xantar ou cear. Tampouco nos serviría de moito se non desfrutáramos enfrontándonos a diario á incerteza do servizo, facendo malabarismos con pratos e mesas, fornos e lavalouzas, fogóns e reservas, clientes e… máis clientes.
En definitiva, poder gozar desta festa culinaria, desta estraña rutina, que sempre é a mesma pero sempre diferente. Tan diferente como o que nos aporta cada un dos nosos clientes.
Así que só podemos dicir…
Grazas!